Wednesday 08 de May de 2024

Chamamento da S.D.C. Órdenes para a creación dun equipo sénior fútbol 11 e outro de fútbol 8 feminino


 

O próximo mércores terá lugar unha reunión ás 20.30 horas nas oficinas de Vista Alegre aberta a todo o público. A directiva traballa xa para constituír ambas as aliñacións e poder incluílas no calendario de competicións da vindeira tempada

A S.D.C. Órdenes convoca a todas as persoas interesadas a acudir á reunión que terá lugar o vindeiro mércores, 3 de xullo, ás 20.30 horas nas instalacións de Vista Alegre. O principal punto a tratar será a próxima entrada en competición na próxima tempada de dous equipos femininos. Concretamente un sénior de fútbol 11 e outro de fútbol 8 (menores de 14 anos).

Tal e como explican dende a directiva o fin principal desta iniciativa é “colaborar co crecemento deste deporte entre as rapazas do noso contorno. Como todos os comezos este tamén será complicado, por iso solicitamos a colaboración tanto das rapazas que teñan interese nesta iniciativa como das súas familias e amizades”.